Preto from Tono Arias on Vimeo.
Preto é un dos fotolibros que conforma a colección Encarnados. Componse dunha serie de retratos de personaxes do Entroido realizados o anoitecer neses espacios baleiros onde transcorre a súa vida cotiá.
Será unha edición de 500 copias, asinadas e numeradas en tapa dura, con 80 páxinas impresa en papel GardaPat Kiara de 150 gr. Tamén se producirá unha edición especial, que inclúe unha copia impresa en papel fine art Museum mate, nunha tirada de 50.